O concello prevé reforzar os bolardos no Barrio de Flores nos próximos meses

Publicidade ASPADISI

Os primeiros días dende a instalación do bolardo que controla a entrada de vehículos ó Barrio de Flores están sendo de adaptación á nova normativa. Deste xeito, algúns conductores optan por algunha das outras entradas, abertas á circulación, causando aglomeracións de coches en horas puntas, e nalgúns casos dificultando a entrada ás vivendas dalgúns residentes.

O concelleiro de Seguridade, Manuel Sotelo, detallou cales son as novas normas a seguir. Sotelo reseña que os únicos vehículos que poden acceder a esta zona son os propietarios, que agora contan cunha tarxeta vermella. Antes contábase cun mando de activación do bolardo, que non era efectivo porque se podía transferir dunha persoa a outra. As tarxetas electrónicas de agora non permiten ese traspaso. Dende o concello son conscientes de que está a haber problemas de adaptación e aseguran que son ocasionados polo establecemento de novas normas. Se siguen manténdose no tempo, a Policía Local multará a todos os que entren sen acceso da tarxeta vermella de propietarios.

HIPER MASIDE

Sotelo sinalou tamén que o custe de cada bolardo superaba por pouco os 2.000 euros e de que na actualidade o presuposto non lles permitía sufragar o gasto de colocar un en cada entrada á zona vella, pero que é unha medida que queren implementar nos próximos meses. Ademáis, van a cumplir a petición de colocar un espello para visibilizar a baixada completa do bolardo e que non haxa danos na sinalización e nos vehículos.

O xefe da Policía Local, Paco Valeiras, lembrou que a instalación da sinal que informa do bolardo instalouse hoxe, polo que queren actuar con tranquilidade e dar un tempo mínimo de adaptación.