O concello do Carballiño presentou o cartel da 59 Festa do Pulpo do Carballiño deseñado por Ari Quintas, cunha homenaxe a hostalaria e o comercio

Unha edición que, debido á pandemia, volverá a celebrarse na vila con postos de pulpo nas rúas e nos locais hostaleiros, mediante reservas e mantendo todas as medidas preventivas previstas pola normativa covid.

Non haberá ningún tipo de actividade no parque municipal, e os actos culturais programados durante toda a semana desenvolveranse respectando o cumprimento das normas de aforo, separación e seguridade establecidas en prevención da covid.

AVANTAR ACTIVIDADES

O cartel foi elaborado pola deseñadora carballiñesa Ari Quintas, autora dos carteis destes últimos anos.

Editáronse 1.500 carteis, que xa se comezaron a distribuir polos locais comerciais e hostaleiros da vila.