Comunicado do BNG de Castrelo de Miño

Dende o BNG de Castrelo de Miño vemos con preocupación o novo corte de auga potábel que están a sufrir os veciños da parroquia de Santa María. Descoñecemos cal é o motivo, polo que estes veciños, despois de haber sufrido o ano pasado meses sen poder usar a auga da traída para cociñar e/ou beber por mor do arsénico, volven estar nunha situación semellante meses despois.

Publicidade

Cando o anterior goberno do BNG lle puxera solución, e volvían a ter auga en condicións de salubridade. O actual goberno ilexítimo do PP que temos en Castrelo de Miño non lle está a facer os correctos mantementos e lavados á ETAP de Nogueiredo? É incapaz de revisar as redes de abastecemento como é debido e de aí as continuas avarías en case todas as traídas? Cando se recorta en persoal municipal, acaban pasando estes inconvintes para o malestar de toda a veciñanza.