Afundación leva o seu teatro para escolares aos propios centros educativos, para seguir crecendo e aprendendo en valores coa cultura

A aposta da Obra Social de ABANCA por manter activa a presenza das actividades extracurriculares para escolares conduciu a Afundación a levar as obras de teatro aos propios centros educativos

I Afundación destaca a importancia da súa programación de artes escénicas para escolares na consolidación dos valores éticos entre os máis novos, que en 2021, en modalidade exclusiva de online, alcanzou case 42 000 nenas e nenos

AVANTAR ACTIVIDADES

I Esta iniciativa de Afundación súmase ás propostas da Área Educativa da entidade que, a través da Aula STEAM itinerante, trasladaron as súas actividades aos colexios para favorecer un maior e mellor acceso a estes programas educativos

Afundación, a Obra Social de ABANCA, veu dirixindo os seus esforzos, na área educativa, para seguir impulsando a aprendizaxe a través da súa programación de artes escénicas. Este ano Afundación foi un paso máis alá para dinamizar o traslado das obras de teatro para escolares aos propios centros educativos, unha iniciativa cunha grande acollida entre a comunidade docente e que xa conta con máis de 11 500 nenas e nenos, de máis de 120 colexios, anotados. Deste modo, os escolares poderán volver desfrutar da representación escénica en vivo, facilitando, con iso, a maior e mellor participación das nenas e nenos nunha programación cultural de primeira orde e asentada na aprendizaxe en valores éticos. O programa dará comezo en febreiro e estenderase ata finais do mes de maio.

Afundación continúa avanzando na súa implicación coa dinamización da educación extracurricular a través de propostas artísticas, un compromiso que xa  conducira en 2021 á implantación das retransmisións en directo desde o Teatro Afundación Vigo para todos os colexios interesados. En total, case 42 000 alumnos seguiron as obras de teatro para escolares que Afundación emitiu en 2021 a través da súa canle dixital, Afundación TV.

As obras de teatro

Saaabor!

Premio do público Festiclown 2018, Saaabor! é un espectáculo cómico de Culturactiva que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público co mundo da gastronomía saudable de fondo. Dous recoñecidos chefs chegan á aldea nunha peculiar food-truck coa idea de amosar as súas habilidades, pero as cousas non acaban de funcionar como desexan…

Un espectáculo que fusiona disciplinas moi variadas e no que os nosos chefs farán as delicias do público. Félix Rodríguez únese con Fran Rei, dirixidos por Avelino González, nunha proposta que vai abrir o apetito e as ganas de rir.

A voar!

Ao son enerxético de Cé Orquestra Pantasma, A voar! conta a historia da pequena Xoana, quen, movida pola curiosidade y o desexo de voar, emprenderá unha longa viaxe que fará cambiar a súa vida, demostrando que só a través do coñecemento dos valores universais se é capaz de mellorar. 

A voar! pretende axudar os nenos e nenas a reivindicar a confianza necesaria para satisfacer as súas necesidades de liberdade, movemento e xogo libre.

Wilbur’s Adventure

Unha aventura interactiva de On Stage que celebra as diferenzas e a riqueza da diversidade e da amizade, mentres repasa conceptos básicos do inglés. Especificamente deseñada para alumnado de 3 a 5 anos, Wilbur’s Adventure divirte, estimula e anima a participar as e os máis cativos cunha linguaxe sinxela, unha historia lineal, cancións e comedia física. 

Three Eggs, Two Birds and a King

O rei abdica! Demasiado traballo, non hai volta atrás, retírase… O reino é peculiar e o trono non se herda nin se gaña no campo de batalla. Quen queira ser monarca pode pasar por palacio e participar na competición. 

Poderán Samantha Frankenstein e o seu fiel lacaio Igor facerse co trono? Será Victoria Rochefeler, apoiada pola súa lexión de seguidores, a nova raíña? Descúbreo nesta aventura de On Stage sobre a honestidade e a importancia do xogo limpo. Unha experiencia motivadora e divertida, en inglés, e interpretada por actores nativos.

Flatmates

Cun formato clásico de comedia de situación, no que todo sucede fronte ao espectador, On Stage desenvolve unha comedia hilarante e intelixente sobre a convivencia, a amizade e a eterna disputa: libros, pelis ou videoxogos? O teatro participativo será a ferramenta máis útil, práctica e divertida para aprender inglés.

Un sofá, dúas caixas con disfraces e as súas ganas de pasalo ben son todo o que Sam e Sammy, os protagonistas, necesitan para unha disparatada batalla entre personaxes de videoxogos, novelas e películas. Sóo póde quedar un e o perdedor enfrontarase a un destino fatal: limpar a casa!