Xulio Dobarro presenta un libro sobre o patrimonio do Irixo

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Hoxe, o salón de plenos do concello do Irixo acolleu a presentación do libro “O IRIXO. PATRIMONIO CULTURAL”, do autor Xulio Dobarro, catedrático en filoloxía románica e veciño do pobo de Saavedra, na parroquia de Dadín. A presentación fíxose nun evento aberto ó público, no que puideron participar facendo as súas preguntas o autor e que rematou cun convite de pinchos de produtos locais. No acto seguíronse estritamente as medidas de seguridade sanitaria.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Esta creación pretende facer un percorrido pola patrimonio deste municipio, da man de alguén que, ademais de coñecelo de primeira man, puido especializarse nesta rama educativa. A portada do libro deixa entrever que entre as súas páxinas poderase coñecer todos aqueles rincóns, parroquias e o seu patrimonio, moitos deles pouco coñecidos.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------