Os concellos terán competencia para sancionar as infraccións sanitarias

A Xunta ven de coñecer o informe do Consello Consultivo de Galicia, no que considera que os concellos son competentes para incoar, tramitar e resolver expedientes sancionadores relacionados co incumprimento das restricións sanitarias vixentes para frear a pandemia de covid-19

O informe elaborado pola entidade sinala que os alcaldes ostentan á competencia para a vixilancia, inspección e control do cumprimento das medidas de prevención do coronavirus dentro do ámbito das súas competencias. Ademais, considera que os concellos son competentes para tramitar os expedientes sancionadores de aqueles incumprimentos que sexan considerados como unha infracción en materia de saúde pública.

AVANTAR ACTIVIDADES

As medidas nas que poderán actuar son control e sanción en actividades prohibidas, normas de aforo, horarios de peche e o incumprimento do uso da máscara. Tamén ratifica que non é preciso que os concellos aproben unha ordenanza para poder sancionar estes comportamentos.