O Delegado territorial da Xunta en Ourense recoñece o traballo das fundacións galardoadas co premio “Otero Pedrayo” 2020

  • Na súa primeira intervención pública, o delegado territorial, sinalou que se sentía honrado e privilexiado de representar ao Goberno de Galicia nun acto “desta transcendencia”,  tarefa que “debo desenvolver con prudencia, sensatez e xuízo”
  • Alén Castro  puxo o seu exemplo como un camiño a seguir para as vindeiras xeracións

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, amosou a súa satisfacción pola concesión do premio Otero Pedrayo 2020 ás fundacións que defenden o legado de Risco, Otero, Losada Diéguez e Castelao. Na súa primeira intervención pública, o delegado territorial, sinalou que se sentía honrado e privilexiado de representar ao Goberno de Galicia nun acto desta transcendencia; tarefa que debo desenvolver con prudencia, sensatez e xuízo”.

Alén Castro louvou o labor silencioso e moitas veces anónimo deste tipo de organizacións que están a traballar na difusión de legados culturais que nunca deben ser esquecidos porque forman parte da memoria colectiva das nosas xentes e do noso pobo. Así, subliñou que “estamos a recoñecer a débeda histórica que a sociedade galega adquiriu con estes grandes intelectuais hai hoxe cen anos coa publicación da revista Nós”.

AVANTAR ACTIVIDADES

O delegado territorial da Xunta puxo o seu exemplo como un camiño a seguir para as vindeiras xeracións; Esa combinación de respecto pola tradición e apertura á innovación, de esteticismo e compromiso ideolóxico, vai dar como resultado unha ampla produción nos máis variados xéneros: narrativa, relato corto, teatro, ensaio ou deseño, caracterizada, sobre todo, polo rigor formal e a orixinalidade.