O delegado territorial recibe á Plataforma en Defensa do Transporte

A Plataforma pola Defensa do Transporte Público no Carballiño decidiu retomar a súa actividade logo de varias semanas parados, como así o anunciaron a través das súas redes sociais. A causa foi a situación de crise sanitaria pola que estaba a pasar O Carballiño e que agora remonta reducindo cifras cada día. Para retomar a súa actividade fixérono hoxe cunha reunión en Ourense co delegado territorial da Xunta de Galicia, Gabriel Alén. Nesta xuntanza, o presidente Ramiro Bello quixo trasladarlle a problemática actual do transporte na comarca e intentar establecer unha forma de colaboración para que a Xunta poña en marcha medidas.

O delegado territorial salientou o compromiso do Goberno galego coa mellora constante dos servizos do transporte público no concello do Carballiño e a súa contorna, e lembroulle ao presidente da plataforma que as novas concesións de autobuses previstas no Plan de Transporte Público de Galicia incorporaron as solicitudes trasladadas polos municipios da comarca, ampliando a cobertura xeográfica do trasporte público e mellorando as conexións, tanto con Santiago, como con Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES