Delafé e Elba protagonizan o festival “Ribeiro son de viño” en San Vicente do Mar este sábado

O festival Ribeiro Son de Viño volve a celebrarse no Naútico de San Vicente do Mar, unindo de novo na praia da Barrosa de San Vicente do Mar (O Grove) a boa música e o viño da D.O. Ribeiro, nunha xornada que será inesquecible para un aforo moi limitado.

Inicialmente había 90 entradas, que se amplían hoxe a 140 ao confirmar que fará bo tempo, que se venderán unicamente de xeito online, a 18€ máis gastos de xestión, a través da ticketera https://nautico.entradas.plus/, para así ter un rexistro de asistentes. Cada entrada inclúe acceso ao bar Naútico entre as 18.00 e as 22.30 horas para gozar dos concertos de Delafé e Elba, así como dunha botella de viño branco ‘Fillas D.O. Ribeiro’ (viño oficial da película galega Cuñados) e unha bolsa refrixeradora para mantelo fresco durante máis tempo. Aquelas persoas que non poidan asistir ao evento poderán velo en streaming en directo a través de nosa plataforma de youtube. www.ribeiro.wine/es/festivalsondevino

AVANTAR ACTIVIDADES

As entradas venderanse agrupadas en cadeiras dobres, mesas de catro ou oito persoas, podendo ampliarse as de catro a cinco e as de oito a 10 persoas en taquilla o propio día. As normas poderán cambiar en calquera momento para adaptarse aos cambios nas restricións ou a relaxación das mesmas.

O presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares, comenta “este ano organizamos unha sesión moi distinta ás que levábamos celebrando nas anteriores edicións, con media xornada de concertos onde cumpriremos coas máximas garantías e un protocolo exhaustivo. Así poderemos reunirnos de novo e poder brindar co viño da D.O. Ribeiro ao son da mellor música nun das paraxes paradisíacas da costa galega con toda seguridade”.