O Banco Santander atenderá aos seus clientes todos os días a partir deste mércores

Logo da denuncia que a Policía Local do Carballiño elevou a Subdelegación de Goberno polo perigo de contaxio que se producía nas longas colas que se formaban no banco Santader, chegou a solución. Ata hoxe mesmo, esta entidade bancaria, dende que se decretou o estado de alarma só atendía aos seus clientes os luns e os xoves de 8:30 a 14:30 na única oficina aberta da praza Irmáns Prieto. Isto provocaba que se formasen colas de ata 60 persoas, a maioría delas de avanzada idade que se queixaban da perda de tempo que isto lles provocada ademais das lóxicas dificultades para gardar a distancia social recomendada. O banco Santander terá a xornada de mañá para implementar as medidas necesarias na oficina e finalmente abrirá ao público a partir deste mércores para atender aos clientes que o necesiten. Dábanos conta desta decisión o Xefe da Policía Local Francisco Valeiras:

Publicidade

VIDEO