Continúan as obras de mellora no Barrio de Flores, na súa primeira fase

O concello do Carballiño está executando varias obras de mellora no casco urbano. No barrio de Flores, están avanzando a bo ritmo as melloras comezadas no mes de febreiro. Trátase da primeira intervención contemplada dentro do plan de rehabilitación para esta zona, ca reforma da rúa Mirto e o seu entorno, cunha inversión de preto de 100.000 euros, contando ca colaboración da Xunta de Galicia ca aportación do 70% do total. Polo momento, algunhas partes deste tramo están rematadas, pero o completo da obra segue en marcha.

Outra das actuación que se están levando a cabo son o acondicionamento no entorno do parque empresarial pola parte do balneario. Estas obras forman parte do remanente do pasado ano, e nos próximos días, segundo afirmou o alcalde, sacarase a licitación doutro paquete de obras.

AVANTAR ACTIVIDADES