Onte tivo lugar a comisión por vía telemática previa ao Pleno no Concello do Carballiño

ONTE TIVO LUGAR A COMISIÓN PREVIA AO PLENO NO CONCELLO DO CARBALLIÑO COA ASISTENCIA DE DEZ CONCELLEIROS E UN VÍA TELEMÁTICA.

Publicidade

O equipo técnico do concello ainda está a facer probas para ter todo a punto para o vindeiro martes, día no que se celebrará o primero pleno telemático no Carballiño. Pleno no que se aprobará o plan económico fronte o covid19 consensuado por todos os partidos da corporación municipal e que ascende a preto dun 1.900.000 euros  e que suporá a modificación e aprobación defivitiva dos orzamentos deste ano 2020. Este plan porá as bases para que a recuperación sexa o mais rápida posible. Ademais, tamén levaráse a pleno o debate e aprobación da ordenanza de emerxencia social cun incremento de 30.000 euros na súa partida; e o priego de condicións para sacar a concurso por dous anos o servizo de axuda no fogar que pasaría de ter adxudicados 420.000 euros para sufragarlo, a mais de 900.000 euros.

VIDEO