Baltar destaca “o papel esencial” dos gobernos provinciais europeos fronte ao COVID-19

O presidente de Partenalia e da Deputación de Ourense defende a xestión que están a desenvolver #ante a pandemia, “actuando con flexibilidade, reprogramando funcións, priorizando e adaptándose ás esixencias que expón esta crise sanitaria, social e económica”, afirma

No seu documento de análise sobre as medidas económicas e sociais fronte á pandemia -remitido para o encontro que hoxe celebra o Comité das Rexións conmemorando o “Día de Europa”-, Baltar sinala que os gobernos locais intermedios “debemos crear foros participativos con sectores como turismo, cultura ou deporte para reformular obxectivos e seguir construíndo o noso proxecto colectivo europeo”

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente da rede europea de gobernos provinciais, Partenalia, e da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, lanzou hoxe unha mensaxe de unión, compromiso e defensa do labor que realizan os gobernos provinciais de Europa, “demostrando máxima eficacia na crise do COVID-19”, e afirma que estas administracións “están a actuar #ante a pandemia con flexibilidade na xestión, reprogramando funcións, priorizando e adaptándose ás esixencias que expón a crise sanitaria, social e económica”, afirma.

No seu documento de análise sobre as medidas económicas e sociais fronte á pandemia -remitido para o encontro que hoxe celebra telemáticamente o Comité das Rexións conmemorando o “Día de Europa”-, Baltar sinala que os gobernos locais intermedios “debemos crear foros participativos con sectores como o turismo, o cultural ou o deportivo para reformular obxectivos e seguir construíndo o noso proxecto colectivo europeo”.

O presidente de Partenalia, quen tamén é o máximo responsable da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais ( EHTTA) e vicepresidente da Confederación Europea de Poderes Locais Intermedios ( CEPLI), subliña a importancia do traballo en rede. “A máis colaboración, máis interacción e mellores resultados na xestión pública, porque a maneira máis áxil e efectiva que teñen os territorios para progresar é facelo por medio de alianzas, ben sexan sectoriais ou de amplo espectro”, defende Manuel Baltar.

Partenalia mantén tamén unha estratexia de cooperación con Arco Latino -que engloba a preto de 40 provincias e territorios de Europa-, para impulsar proxectos e reivindicacións competenciais, económicos e de servizos no ámbito local, “posicións que revelan que os gobernos provinciais somos a administración máis próxima aos concellos, que á súa vez son os máis próximos aos cidadáns”, afirma Baltar e sinala: “Estamos reprogramando as nosas funcións habituais e priorizando no social, e somos conscientes da importancia de afrontar a crise económica poñendo en marcha, por exemplo, axudas directas a autónomos e pequenas empresas. A obra pública pasa a un segundo plano”.

Na súa achega ao Comité das Rexións, Manuel Baltar comparte as medidas que a Deputación de Ourense vén desenvolvendo neste período de crise do COVID-19. “No meu goberno puxemos en marcha o “Comité do Día Despois” para planificar a reactivación económica da man do empresariado e autónomos, que son os que dinamizan o territorio e xeran riqueza e emprego, e a curto prazo poñeremos en marcha a “Comisión Ourense Futuro” para recibir as achegas individuais e colectivas dos habitantes da provincia”, explica.

Baltar valora que os gobernos locais intermedios “temos a obrigación de ensinar a nosa cara máis social da historia, estar á beira das persoas máis que nunca e tomar nota dos erros para non repetilos. A cooperación con outras administracións é unha obrigación; os recursos teñen que poñerse sempre ao dispor da sociedade”.

Resposta local

O presidente de Partenalia afirma que Europa “ten que responder tamén a nivel local. Que flúan as políticas e as axudas e que se executen utilizando os gobernos locais intermedios por principios tan importantes como o de subsidiariedad, a desconcentración administrativa e a descentralización na toma de decisións”, e destaca que a Unión Europea “ten #ante si un gran desafío: demostrar a súa versatilidade, a súa eficacia, a súa utilidade e compromiso cos valores que inspiraron aos fundadores”.

Baltar salienta que a Europa do século XXI “é unha obra colectiva, onde todos temos dereito a reivindicar un papel protagonista. Hai espazo para todos e ese espazo chámase Europa. Os gobernos locais intermedios son parte deses cimentos, alicerces de desenvolvemento e os mellores embaixadores da idea europea que defendemos”.

O foro que celebra o Comité das Rexións analiza baixo o título: “Rexións e cidades: vitais para a recuperación económica de Europa”, a situación actual da Unión #ante o reto que supón a pandemia do coronavirus e, neste sentido, o papel das políticas de cohesión e a nova proposta para o período orzamentario 2021-2027, así como a actuación das rexións e cidades da UE na recuperación sostible tras a crise.