Sae o número 3 da revista MAZARELOS

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Sae á venda o número 3 da nosa revista de carácter cuatrimestral, pechando o primeiro ano de actividade nesta edición en papel. A capa foi realizada polo artista ourensá Xosé Poldras e a entrevista foi realizada conxuntamente a Manuel Gago e a Miguel Cajigal (ElBarroquista).

Ademais, conta cos seguintes artigos: 
– A Cátedra de Cultura Galega ‘Xosé Neira Vilas’, da Universidade da Habana. Trinta anos tecendo redes entre as dúas beiras do Atlántico, por Arantxa Fernández Crespo.- 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Sofía Casanova. Correspondente galega en cinco guerras do século XX, por Eila Rodríguez Filgueiras.- 

Radicalismo ou extremismo? Ás cousas polo seu nome, por Marcos Dono Martín.-

Cartas, ondas e pedras. A Igrexa Católica na República Dominicana durante a ditadura e a transición democrática (1954-63), por Adrián Feijoo Sánchez.- 

A performance falanxista. O culto a Santiago e a crónica de Urbano Tavares Rodrigues, por Emilio P. Cancelo.- 

As olladas do rexionalismo crítico. Identidades arquitectónicas nas periferias peninsulares (1960-90), por Santiago Rodríguez Caramés.- 

GaliPIXEL. Notas sobre a industria e a cultura dos videoxogos en Galicia, por José García Vega.


Pechando a revista, Francisco Álvarez ‘Koki’ enviou o Poema da desolación en homenaxe á obra pictórica Muller coa Fouce, de Castelao.

DOSSIER INFORMATIVO ( Premer na Imaxe )