Fronte ao expediente inicial de orzamento municipal que presentaba o grupo de goberno no
 pleno do 12 de marzo e publicado no BOP o 16 de marzo de 2020, dende o Círculo de
 Podemos no Carballiño presentabamos alegacións a dito expediente para adaptar os
 orzamentos as necesidades sobrevidas polo estado de alarma motivado polo COVID-19.
 Entre estas alegacións, detallábamos unha que críamos de vital importancia, que era a de
 utilizar o remanente de tesourería (Superávit) do exercico 2019 para a financiación de
 inversión na área de servizos sociais.
 Cal é a nosa sorpresa que dita alegación se nos desestima porque na liquidación do
 exercicio 2019 o Concello non ten Superávit, senón que ten Déficit.
 Non entendemos como o Alcalde de esta corporación se fartou de anunciar un Superávit que
 non existe para a realización de obras e proxectos.
 Tamén nos consta que as axudas para persoas autónomas e traballadoras que se viron
 afectadas polo estado de alarma debido a que tiveron que pechar os seus negocios ou visen
 minguada a súa facturación, non se poderán dar, porque dende o concello non se prepararon
 as bases reguladoras para ditas axudas.
 Dende o Círculo de Podemos no Carballiño solicitamos encarecidamente que o Alcalde
 nos explique:
 • Si existe ou non existe dito superávit para poder dispoñer do mesmo para poder
 tomar medidas económicas precisas para axudar á veciñanza e colectivos do noso
 concello;
 • Porque non existen as bases reguladoras para poder dar as axudas que se
 anunciaron para a xente afectada polo peche de negocios ou a baixada de facturación.
 Lonxe de facer críticas improdutivas tentando de que estas sexan sempre construtivas e
 procurando sempre facer propostas útiles para suplir á inoperatividade que se ven dando por
 parte do grupo de goberno á hora de tratar esta situación de alarma social e económica
 sobrevida polo COVID-19, tamén damos a coñecer que o Círculo de Podemos no
 Carballiño está traballando na redacción de unha proposta de bases reguladora e da
 normativa aplicable a estas axudas, e que as poñerá en coñecemento dos grupos políticos da
 corporación municipal este martes 12 de maio na sesión plenaria que terá lugar ese día, e
 tamén se remitirán as mesmas aos distintos medios de comunicación.
 Si queremos saír de esta situación, os concellos, as institucións máis próximas á xente, teñen
 que estar á altura das circunstancias.
NOTA INFORMATIVA DE PODEMOS NO CARBALLIÑO
----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------
        
			

















