O CONSELLO REGULADOR DA D.O. VIÑO DO RIBEIRO SOLICITA PROTECCIÓN PARA AS ADEGAS E OS VITICULTORES
O valor do rural galego non so radica na súa función como proveedor de alimentos senon tamén como protector e mantedor do medio ambiente. O sector do viño, é un gran contribuínte o pib agrario de Galicia. A problemática coa que se atoparon durante esta crise sanitaria é que o seu modelo de negocio basease de maneira case exclusiva no canal HORECA (hoteis, restaurantes e cafeterías) que xusto agora está paralizado e as adegas non están vendendo viño.
VIDEO
Dende o consello regulador apostan por ampliar a venda na canle de alimentación mellorando o posicionamento e tamén no eido dixital, pouco explotado neste sector. Potenciar a utilización das ventas vía internet é unha solución que chega para quedarse. O consello reclama do estado e da xunta un plan e medidas específicas para o sector do viño. Un plan que apoie as adegas e tamén aos os viticultores