Nun control da Garda Civil un veciño de Boborás alegou que iba dar de comer as galiñas. Deu positivo na proba de alcoholemia

A GARDA CIVIL DE TRÁFICO DETECTA NUN PUNTO DE VERIFICACIÓN, 15 DESPRAZAMENTOS NON AUTORIZADOS, 1 POSITIVO EN DROGAS E 1 POSITIVO EN ALCOHOLEMIA

A Garda Civil de Tráfico de Ourense realizaba un punto de control Covid-19, na Nacional 541, durante a tarde do domingo, detectou 15 desprazamentos non regulamentarios, motivo polo que se estenderon as correspondentes actas de denuncia.
Así mesmo, sobre as catro da tarde, identificaron o condutor dun vehículo, veciño de Boborás, que xustificou o seu desprazamento alegando que ía dar para comer ás súas galiñas, pero tras realizarlle a proba de alcoholemia, esta deu positivo, polo que se lle procede a denunciarlle por un delito contra a seguridade do tráfico.
No mesmo punto de control, os axentes identifican a unha veciña de Pantón (Lugo), que tiña xustificación para transitar pola zona, pero que deu positivo non test de drogas.

AVANTAR ACTIVIDADES