Espazo Común está satisfeito co consenso alcanzado nas medidas económicas fronte a crise do covid19 e a súa aprobación no pleno pero advirten de que seguirán alerta co proceder do alcalde
VIDEO
Din que foi un pleno no que a pesar do consenso que houbo na aprobación dos orzamentos lle pedoron ao partido gobernante no concello axilidade en darlle forma a ese preto de dous millóns de euros en medidas económicas que axudarán a mitigar a crise económica producida polo covid19 para que cheguen canto antes aos que as necesitan.
Tamén criticaron que o concello continúe ofertando o servizo de axuda no fogar a empresas privadas, renunciando o alcalde Francisco Fumega a unha das súas máximas, coidar o público e municipalizar servizos.