O próximo curso académico empeza a perfilarse e chegan a Ourense, os graos medio e superior de técnicos deportivos, coas especialidades de fútbol e fútbol sala.

Unha titulación que permite aos alumnos exercer como adestradores oficiais en competicións federadas nacionais e internacionais, e que vai moito máis alá. Ao tratarse dunha formación de grao, colexios, padroados deportivos, eventos, ximnasios, centros de formación, escolas, empresa privada, centros de alto rendemento… son tamén saídas profesionais destes ensinos.

O tempo de duración (práctica incluída) do grao medio é de dous anos e medio; aínda que en Ourense, ábrese a posibilidade de facer os dous cursos en tan só 10 meses.

Unha oportunidade única a través de CENTED Formación, escola que xa conta con sedes en Pontevedra e Santiago de Compostela. Podes obter máis información a través da súa web www.centedformación.com ou as súas redes sociais @ centedformacion