A Mancomunidade do Carballiño contará cun espazo de coworking

A Xunta de Galicia activará, no primeiro trimestre do próximo ano, tres novos espazos de coworking na provincia de Ourense. Os novos espazos situaranse na Mancomunidade do Carballiño (con sede no O Irixo) , en Valdeorras e en San Cibrao das Viñas, co obxectivo principal de que os emprendedores poidan iniciar os seus proxectos empresariais.

Este tipo de lugares de traballo, dirixidos a emprendedores e que no seu conxunto inclúen diferentes actividades e asesoramento, están deseñados para aumentar as posibilidades de éxito dos proxectos innovadores nas primeiras fases de desenvolvemento.

AVANTAR ACTIVIDADES

Estes espazos serán utilizados varias veces á semana, para sesións de formación e para a titoría co mentor. Cada edición do coworking terá unha duración aproximada de entre 5 e 6 meses.