Cea estrea unha Ruta das Tapas en sete establecementos

Esta fin de semana, San Cristovo de Cea acollerá a primeira edición dunha iniciativa gastronómica na que sete establecementos de hostelería se unen. Dende as 19:00 horas ata as 22:30 horas, ofrecerán unha gran variedade de pinchos que rematarán na Praza Maior con bo ambiente e boa música a cargo do grupo Feitizo de Pau.

En cada establecementos servirán un petisco exclusivo por 1,5 €.

AVANTAR ACTIVIDADES

Participan Bar Paxariño, Kanela Drink, Brasería Bahia, Bar Plaza, O Vaticano, Sol y Luna e A Casa dos Caretas.

Dende o concello animan a todos a desfrutar do evento que nace con ánimo de pervivencia e de ampliación en vindeiras edicións.