Contratación na Mancomunidade do Carballiño de tres xefes de brigada, tres condutores e nove peóns

Por Decreto da Presidencia, con data 12 de xuño de 2020, aprobáronse as bases específicas para a selección e posterior contratación de quince traballadores para a formación de tres brigadas de prevención e defensa contra incendios, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e a Mancomunidade dos Concellos do Carballiño para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais.

Publicidade

Número e denominación das prazas: tres brigadas para a prevención e defensa contra incendios forestais (tres xefes de brigada, tres condutores e nove peóns). Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo. Duración do contrato: 3 meses. Sistema de selección: concurso-oposición.

Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao de publicación no BOP do anuncio de convocatoria, prioritariamente no rexistro electrónico da mancomunidade que é http://mancomunidademunicipioscarballino.sedelectronica.gal ou no rexistro xeral da Mancomunidade dos Concellos do Carballiño en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases específicas de convocatoria, que poderán ser consultadas na Mancomunidade dos Concellos do Carballiño en horario de oficina e na sede electrónica: http://mancomunidademunicipioscarballino.sedelectronica.gal/