O Carballiño acollerá unha das seis probas piloto de verbenas o día 19 no campo do Espiñedo

A Xunta inclúe ao Carballiño entre outras cinco localidades galegas para desenvolver o 19 de xuño con carácter simultáneo una experiencia piloto de celebración de verbenas seguras.

Publicidade

Nesta iniciativa participarán as orquestras Los Satélites, Costa Dorada, Marbella, Ocaband, Cinema e Principal, que actuarán en Arteixo, Noia, Marín, Tomiño, O Carballiño e Mondoñedo, respectivamente.

As verbenas levaranse a cabo en espazos ao aire libre, no caso do Carballiño prevese que sexa no campo do Espiñedo, acotados aos que só se poderán acceder previa inscrición nunha páxina web específica. Haberá que usar máscara e non se poderá fumar nin consumir bebidas alcohólicas. O aforo será de 1.000 persoas como máximo.