A Deputación de Ourense reforza a investigación histórica e a promoción cultural da Limia

Sinatura convenio de colaboración entre a Deputación Ourense, representado polo seu Presidente Manuel Baltar, representando ó Centro de Cultura Popular do Limia Manuel Seoane Feijoó e da Asociación Cultural do Padroado do Museo Etnolóxico da Limia Delfín Caseiro Nogueiras.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Baltar asina un convenio con Delfín Caseiro, presidente da Asociación do Museo Etnolóxico da Limia, e con Manuel Seoane, presidente do Centro de Cultura Popular do Limia, para garantir a publicación da revista Lethes e a dixitalización da biblioteca da Limia

A Deputación de Ourense vén de dar un paso importante para potenciar a investigación e a difusión da historia e da cultura da Limia, co acordo asinado hoxe polo presidente provincial, Manuel Baltar, con Delfín Caseiro, presidente da Asociación do Museo Etnolóxico da Limia, e con Manuel Seoane, presidente do Centro de Cultura Popular do Limia, para a publicación da revista Lethes. Cadernos culturais do Limia, durante os vindeiros catro anos, e a dixitalización biográfica da biblioteca da Limia do Museo da Limia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Segundo o convenio, a institución provincial asume a impresión de 300 exemplares da publicación anual Lethes. Cadernos culturais do Limia e doutros 300 exemplares dunha publicación anual monográfica relacionada coa Limia, así como o deseño e programación dun catálogo dixital sobre os autores da comarca da Limia, integrada na web do Museo da Limia. O Centro de Cultura Popular do Limia e o Padroado do Museo da Limia asumen os traballos de edición da publicación da revista e do monográfico, e farán constar a colaboración da Deputación na portada da publicación antedita, así como nas páxinas webs e redes sociais nas que se difunda a publicación Lethes e a obra dos autores na biblioteca da Limia.

Coa sinatura deste convenio garántese a edición, publicación e distribución dunha das revistas culturais máis importantes do país na actualidade, Lethes. Cadernos culturais do Limia, que este ano celebra o 20º aniversario, e que se verá complementada cunha publicación monográfica, para afianzar a promoción cultural das terras limiás, ademais de facilitar a dixitalización da biblioteca da Limia, para dar valorizar aos creadores do territorio e a súa obra.

As primeiras publicacións amparadas por este acordo serán A Reina Loba (lenda), de Manuel Seoane, e o número 15 da revista Lethes. Cadernos culturais do Limia, que dedicará boa parte do seu contido ao coñecemento e promoción da Vía XVIII, Vía Nova, que une Braga e Astorga, atravesando a maior parte dos concellos limiaos, a fin de facer dela un motor de dinamización social, cultural, fraternal e económica do territorio.