Abanca colabora coa XXXII Festa da Vendima do Concello de Leiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

ABANCA e o Concello de Leiro veñen de asinar un convenio de colaboración
que materializa o apoio da entidade financiera á XXXII Festa da Vendima, que se
celebrará os próximos días 26 e 27 de agosto. O alcalde de Leiro, Francisco José
Fernández Pérez, e o coordinador de Banca Institucional de ABANCA en Ourense, Mateo
Alonso San Román, foron os encargados de asinar o acordo, acompañados polo
director da oficina de ABANCA en Leiro, Miguel Madriñán Camba.

Esta colaboración enmárcase dentro da vontade do banco de contribuir ao
desenvolvemento, promoción e difusión da cultura e as tradicións galegas a todos os
niveis. De feito, ABANCA é a única entidade patrocinadora de festas de interese turístico
en Galicia que conta cun acordo específico para este fin.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ademáis, o apoio á Festa da Vendima tamén responde ao firme compromiso histórico
que mantén o banco co sector vitivinícola a través da súa unidade ABANCA Agro, que
conta cun amplo equipo de profesionais especializados no sector e unha oferta
financeira integral e adaptada ás necesidades específicas que presenta esta actividade
económica.