Os cambios de batería e as revisións para pasar a itv acumulanse nos talleres de vehículos

A pesar de que os talleres de reparacións continuaron traballando dende o inicio do estado de alarma, únicamente podía acudirse a eles con cita previa e só para transportistas e outros con causa xustificada.

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES

O igual que ocurre noutras actividades, estableceronse medidas de protección sanitaria para os traballadores, para as instalacións e os vehículos, despois de cada uso deberá desinfectar e ventilar o coche.

Non será obrigatoria a cita previa para asistir aos talleres, pero si moi recomendable, para evitar aglomeracións dado o volume de traballo acumulado. A pesar de que os expertos mecánicos estiveron advertindo da necesidade de facer un mínimo mantemento aos vehículos, moitos nin siquera o arrincaron cada dez días como recomendaban e agora acumúlanse nos talleres as saídas para arrincar coches ou cambiar baterías. A apertura das ITV fixo tamén que se amontonaran as petición de revisións para pasala.

Pódense utilizar os vehículo cuxa ITV caducara durante o estado de alarma e tenemos 30 días naturales de ITV en vigor, así o estableceu a DGT. Pero debido ao retraso acumulado nas ITV resulta sumamente recomendable ir pedindo cita canto antes.