Nota de prensa do Concello de Boborás

A estrada provincial 0U-0417, entre a N-541 e o Irixo, que pasa pola Saleta, Fondo de Vila, Xurenzás, Prado e Ventosa, dentro do termo municipal de Boborás e a OU-0415 entre Brués e Feás, serán pintadas as liñas horizontais de ambos viais.

Esta intervención será levada a cabo pola Deputación de Ourense, logo de que dende o Concello se fixera a solicitude para dita intervención.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ambas son actuacións demandadas pola veciñanza usuaria destes viais, sobre todo por un tema de seguridade, posto que en dias de néboa e nos que a visibilidade é menor son unha boa guía para poder circular con garantías.

Dende o Concello de Boborás, aplaudimos que a administración provincial faga esta intervención tan importante.