O Concello de Castrelo de Miño colaborou nun programa cultural emitido onte online con motivo do día das Letras Galegas

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Dito evento foi emitido en directo no Facebook do concello de Castrelo de Miño ás 19:00 horas.

Estivo presentado por Lucía Rodríguez (TVG), haberá intervencións de Francisco Fernández Rei (Membro da Real Academia Galega) que nos falará do homenaxeado neste día das nosas letras: RICARDO CARVALHO CALERO; Tamén intervirá Mariña Area (estudante de filoloxía galega na USC) que recitará poemas sobre o homenaxeado.

E teremos un concerto do grupo Onte e Hoxe, con repertorio de cancións en galego desde os anos 60 e 70 ata a actualidade. O evento foi organizado polo grupo Onte e Hoxe en colaboración coa Real Academia Galega, patrocinado polo concello de Castrelo de Miño ademais do de Sanxenxo, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Ribadumia e Meaño

VIDEO

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------