O Concello de Cea ofrece un xerador de ozono a comerciantes, hostaleiros e transportistas

O concello de Cea pon a disposición dos locais comerciais e hostaleiros (supermercados, famarcias, carnicerías, panaderías, comercio en xeral…) así como dos profesionais do transporte e taxistas un xerador de ozono para desinfectar.

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES

Esta tarefa será realizada por membros da Agrupación de Protección Civil ou a Brigada Municipal, seguindo as pautas necesarias e unha estricta normativa para un correcto uso.

Para solicitar este servizo que é totalmente de balde, é necesario facelo via whatsapp ou chamada ao 672 122 300 ou ben por privado en calquera das redes sociais Facebook ou Instagram do concello de Cea. Segundo a demanda facilitarase cita para a realización deste servizo.