Onte entrou en vigor a norma que ditou o BOE de onte. Na que ordena o uso obrigatorio de mascarillas en persoas a partir dos seis anos na vía pública, en espazos o aire libre e en cualquera espazo pechado de uso público, sempre que non sexa posible manter unha distancia de seguridade interpersoal de polo menos dous metros.
A excepción na obriga de levala é para persoas que presenten dificultades respiratorias u outro motivo de saúde ou incapacidade no que esté contraindicado. Asemade, o seu uso non será exigible para actividades que resulten incompatibles como comer ou beber u outras de causa maior.
VIDEO
Onte a Policía Local está facendo un traballo informativo e de apercibimento pero despois se é necesario dictarán sancións. Entre a veciñanza hay opinións de todo tipo, persoas que xa a levaban con anterioridade, outras que ainda non se enteraron, outras que non as aguantan co calor pero todas entendendo a necesidade de levala, a saúde é o primeiro.