.- Os Axentes da Garda Civil veñen establecendo nesta primeira fase de desescalada e en previsión ao aumento de circulación, dispositivos de control das medidas decretadas para a xestión da crise sanitaria do Covid-19, nas principais vías de comunicación e en especial en puntos estratéxicos próximos aos límites de provincia. O obxectivo dos mencionados dispositivos radica en fomentar condutas solidarias por parte da cidadanía á vez que se traballa por manter a seguridade viaria.
Na mañá deste inicio de fin de semana, efectivos pertencentes ao Subsector de Tráfico de Ourense detectaron á altura do quilómetro 115 da A-52, xa próximo á Gudiña, a un condutor que circulaba nun vehículo todoterreo a 200 km/ h en sentido Porriño, sendo 120 o límite de velocidade nese tramo. O condutor seria identificado nun punto de control establecido na citada vía, resultando ser un Home de 52 anos con domicilio en Madrid cuxo desprazamento respondía a motivos profesionais debidamente xustificados
O condutor neste caso sería denunciado por un exceso de velocidade contemplado no Regulamento Xeral de Circulación como unha infracción moi Grave que carrexa unha sanción económica de 600 euros e a detracción de 6 puntos do permiso de conducir.
Ambito xurídico de repercusión penal en excesos de velocidade. Á vista da velocidade rexistrada no feito relatado a Garda Civil lembra que aínda que en se dita velocidade conleva riscos Obvios, o Código penal contempla como delito o exceder a velocidade permitida en 80 km/ h en vías interurbanas. O cal dá boa conta do preto que estivo este condutor de ser imputado por un delito contra a seguridade do tráfico penado con penas de prisión de 3 a 6 meses , multas a razón de ata 12 meses , servizos á comunidade e ata 4 anos de suspensión do permiso de condución.