Casos activos por Covid: Carballiño aumenta 1 para un total de 8. Cea mantén 1 e os demais libres

A comarca sube hoxe o número total de casos activos de coronavirus nos 9. A evolución mantense pendente dos casos do Carballiño e San Cristovo de Cea, únicos concellos con casos activos a día de  hoxe.

O Carballiño sube un caso activo, pasando dos 7 de onte ós 8 positivos de hoxe. San Cristovo de Cea, mantén hoxe un positivo, cifra que se mantén dende o mércores día 14.

AVANTAR ACTIVIDADES

E os demais concellos,  Boborás, Maside, Beariz, Piñor, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.