Así o cree o concelleiro de Cultura do Carballiño Diego Fernández que prepara un programa de actividades ao aire libre con aforo limitado e uso de cadeiras, cuxo obxectivo é ofrecer á poboación entretemento, ao tempo de contribuir á reactivación do sector da cultura así como á hostalería e ao comercio.
Estes sectores agardan a axuda que da o turismo e o regreso dos emigrantes nos seus negocios. Un turismo que este verán vaise atopar algo moi distinto, cupos para bañarse na praia, limitacións de aforos en bares e restaurantes e sobre todo un turismo que quererá fuxir das aglomeracións. Neste escenario, o turismo rural e en municipios mais pequenos como os nosos, pode convertirse na alternativa mais demandada. Nas vilas mais pequenas hai mais tranquilidade