Nota do Csif no Concello do Carballiño

Onte, día 28 de maio de 2020, o Concello do Carballiño fixo público a
través das redes sociais a apertura para a próxima semana das pistas
polideportivas.


Dende CSIF, como sindicato con representación no Concello do
Carballiño, temos que manifestar a nosa sorpresa e a fonda
preocupación por este anuncio, xa que se vai a proceder a apertura das
mesmas, dende o 1 de xuño, e non temos constancia dos protocolos
que se van a aplicar nas ditas pistas polideportivas, tanto para os
usuarios como para o persoal que se encarga desas instalacións, o cal
pode supor un grave risco para a saude.

AVANTAR ACTIVIDADES


CSIF xa lle solicitou, por escrito ao Concello do Carballiño, con data 30
de abril de 2020, unha reunión telemática para a elaboración de
protocolos para as fases de “desescalada”.


O día 22 de maio CSIF reiterou a necesidade urxente da elaboración de
diversos protocolos específicos para os diversos centros e instalacións
que previsiblemente, o pasado luns día 25, xa podían abrir ao ser posible
o pase a fase 2.
CSIF, quere por de manifesto e reiterar, que a data de hoxe non se nos
deu traslado de protocolo algún, nin xeral nin específico, o cal pon en
serio risco a saude tanto do persoal do Concello do Carballiño coma dos
usuarios das diversas instalacións do mesmo, así como o grave
incumprimento das diversas normativas legais