A CIG denuncia o protocolo das probas pcr dos traballadores da residencia de Cabeza de Vaca

A consellería de Política Social ten na súa xefa territorial a responsabilidade fronte ao Covid-19 na provincia de Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES

O persoal dos centros residenciais indica : para realizar a PCR, o/a traballador/a contactará co profesional médico de atención primaria que ten asignado. a proba deberá realizarse nun periodo máximo de 72 horas antes da súa incorporación ao traballo e non se incorporará a traballar ata coñecer o resultado negativo da proba.”

Na residencia de maiores Nosa Sra dos Milagres en Cabeza de Vaca Ourense, dependente da consellería de Política Social, a Dirección  expúxo  no taboleiro unha nota interior dirixida a todo o persoal co Asunto: “probas PCR traballadores”.  nesa nota informativa pon textualmente “en caso de non dispoñer do resultado nesa data, os dias non traballados correrán a cargo do traballador/a”

A día de hoxe o persoal esta a ter problemas para que nos centros de saúde lla fagan a proba PCR previa a volta a estes centros despois do periodo vacacional, baixa, permisos ou nova contratacion, aínda que acudan coa antelacion requirida. Polo que esta ameaza de desconto salarial por non ter a preceptiva PCR deixa en desamparo ás traballadoras das residencias que SI queren facerse a proba.