Comunicado da CIG sobre a Residencia do Maior Nosa Sra dos Milagres

Á INSPECCIÓN DE TRABALLO E SEGURIDADE SOCIAL DE OURENSE

Que por medio deste escrito vimos presentar denuncia, en materia de prevención de riscos laborais, contra a Consellería Política Social e a súa xefatura territorial en Ourense, domiciliada no edificio Administrativo da Xunta de Galicia da rúa Habana número 72 en Ourense, denuncia que baseamos nos seguintes

AVANTAR ACTIVIDADES

FEITOS

Único.- Reanúdase o sistema de visitas a residentes a Residencia do Maior Nosa Sra dos Milagres (Cabeza de Vaca), Barbadás- Ourense, con data de 4 de xuño de 2020.
Para dito sistema de visitas é habilitada a capela da residencia.
As visitas a residentes poden incidir directamente na saúde do persoal e usuarios , xa que dito persoal está en contacto cos usuarios do centro.
O espazo destinado a visitas foi imposto sen consultar ao Comité de Empresa nin ao Comité de Seguridade e Saúde, dándose a circunstancia que dito lugar non é acaído para recibir visitas e incumpre os protocolos de seguridade e saúde laboral.
O persoal do centro componse de máis de 100 traballadoras con persoal de servizos, médicas, enfermeiras, auxiliares de enfermería, traballadoras sociais, animadoras socioculturais, terapeutas ocupacionais, camareiras limpadoras, persoal de recepción, persoal de mantemento, etc. Todo o persoal de atención directa ao usuario.
Que, como é evidente, os usuarios, son persoas especialmente sensibles ao COVID-19 tanto polas súas patoloxías como pola súa idade. A maiores unha porcentaxe significativa teñen problemas de mobilidade
O local habilitado non reúne os requisitos mínimos de habitabilidade nin de seguridade para facer as visitas no mesmo. Entre outro, incumpre:

  • Non hai 2 metros de separación entre visitante e visitado
  • Os anteparos (mamparas) de separación existentes non miden máis de 1,80m e son de tela
  • O local NON ten ventilación (nin directa nin forzada)
  • Non se fai ningún tipo de control de entrada as visitas (o único é que se limpen os zapatos, e se poñan máscara, laven ás máns e cubran un cuestonario o cal non é valorado por ningún sanitario) tipo medición de temperatura.
  • Non se respecta o distanciamento de seguridade entre visitante e visitado, chegando incluso ao contacto persoal .
    Por parte da dirección, non se tomaron medidas específicas previas para evitar o contaxio entre o persoal que traballa alí e as visitas. Non se informou ao persoal das medidas adoptadas no centro nin se formou para realizar as funcións habituais coa debida seguridade fronte ao coronavirus.
    RELACIÓN DAS CARENCIAS ESPECÍFICAS:
    Falta de Avaliación de Riscos Laborais actualizada
    A día de hoxe hai feita unha Avaliación de riscos específica ao risco biolóxico do COVID19 neste centro de traballo con data do 25 de marzo de 2020. Desde entón non se fixo ningunha revisión nin se actualizou ante o comenzo das visitas o centro polo que estas non están previstas no documento.
    Non existe tampouco ningunha sinalización específica, nin da sala de visitas nin das medidas de prevención, nin das normas de seguridade que deben seguir as persoas visitantes e visitadas.
    Preguntada á xefa de persoal a cal consultou coa xefa territorial e a directora do centro esa mesma mañá maniféstanos que non é necesaria ningunha medida específica e que o local é axeitado, preguntada pola ventilación do mesmo, dí que non se poden abrir as fiestras e que tampouco prevén dar formación nin información ao persoal.
    CONCLUSIÓNS
    O Protocolo refírense a medidas xerais e non específicas de cada centro de traballo e accións diferentes as meramente administrativas como exemplo a atención ao público polo que consideramos que é necesaria e urxente unha revisión e actualización da Avaliación de riscos laborais, tendo en conta a apertura a realizar visitas.
    Ademais dende a CIG entendemos que esta apertura de réxime de visitas é apresurada xa que se poden implementar outras medidas de seguridade, pódese habilitar outro local máis acaído para realizar ditas visitas e, en último caso, de ser imprescindible que unha capela sexa o punto de reunión e visita, débese acondicionar de xeito adecuado, con ventilación natural e forzada, separación entre estancias dado que se fan dúas visitas simultaneamenter e separación de 2 metros entre persoas.
    Así propoñemos que se faga as seguintes accións preventivas:
  1. Revisión e actualización da avaliación de riscos laborais ao risco biolóxico de COVID19, con especificación do plan preventivo das seguintes cuestións:
    a)Plan de hixiene e limpeza na sala adaptada para visitas
    b)Plan de prevención de hixiene de acceso a persoas traballadoras e usuarias
    c)Formación ao persoal das medidas preventivas e de actuación ante as visitas
    d)Sinalización do centro e información as persoas visitantes das medidas a tomar.
  2. Adaptación do espazo a utilizar para visitas con tódalas medidas de seguridade necesarias para evitar un posible contaxio
    Polo que, SOLICITO:
  3. A suspensión cautelar do réxime de visitas as persoas usuarias do centro
  4. A adecuación do local destinado a visitas cás medidas de seguridade necesarias contra o COVID
    Ourense, 2 de xuño de 2020
    Anxo Pérez Carballo