José María Lago é elixido deputado provincial polos edís dos concellos pertencentes á Xunta Electoral de Zona de Verín

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O voceiro popular no Concello da Gudiña, José María Lago, foi elixido esta mañá deputado provincial despois de ser votado polos edís do PPdeOU dos concellos pertencentes á Xunta Electoral de Zona (XEZ) de Verín.

Deste xeito, José María Lago formará parte da corporación provincial para o mandato 2023-2027 dentro do grupo popular, tomando posesión da súa acta de deputado na sesión de investidura da corporación provincial que se celebrará no mes de xullo. 

COMERCIAL ORCELLÓN

José María Lago amosou o seu “agradecemento aos compañeiros populares” por ser elixido como deputado por parte da XEZ de Verín, integrada polos concellos de Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós, Trasmiras, Verín e Vilardevós. 

“Poder ser deputado provincial no próximo mandato é unha honra e, especialmente, un motivo de enorme responsabilidade”, sinalou Lago, que avanzou a súa motivación de “traballar con todas as gañas do mundo a prol da miña comarca e a miña provincia”. 

“Como ten ben demostrado, a Deputación de Ourense é unha potente ferramenta para desenvolver iniciativas transformadoras á vez que colabora cos concellos na blindaxe dos servizos públicos”, remarcou José María Lago, que incidiu na importancia de “seguir avanzando en políticas públicas enfocadas a fixar poboación no rural e dinamizar o territorio, apoiados en fitos e novas ferramentas estratéxicas como o AVE, os nosos recursos endóxenos ou o turismo”. 

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------