O estudantado protagonizou a festa da poesía, a árbore e a auga adicada a Otero Pedrayo na Ínsua dos Poetas

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Preto de medio milleiro de alumnas e alumnos de diferentes centros de ensino da comarca do Carballiño e da cidade de Ourense participaron nunha nova edición do ‘Día da Poesía, a Árbore e a Auga’, que tivo lugar na Ínsua dos Poetas, situada na localidade de A Esgueva, na parroquia carballiñésa de Madarnás.

Ao evento asistiron o presidente da Fundación Ínsua dos Poetas, Luis González Tosar; o alcalde eventual do Carballiño, José Castro, acompañado polos concelleiros de Cultura e Educación, Diego Fernández e Lorena Castro, e o deputado provincial de Medio Ambiente, José María Lago, entre outras autoridades.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O alumnado dos colexios Calvo Sotelo e Vila do Arenteiro (O Carballiño), Nosa Señora de Xuvencos (Boborás), Terras de Maside (Maside), Virxe Pena da Sela (O Irixo), Virxe da Saleta (Cea), e dos CEIP Amadeo Rodríguez Barroso e Virxe de Covadonga (Ourense), ademais de estudantes do IES Chamoso Lamas do Carballiño, deron lectura a poemas de diferentes autores galegos, nunha xornada adicada a Ramón Otero Pedrayo, o ilustre persoeiro de Trasalba, coincidindo coa declaración de 2026 como ‘Ano Oteriano’.

O programa festivo rematou coa plantación de árbores autóctonas nos terreos desta paraxe natural.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------