O concello de Ribadavia programa unha semana santa activa.

IES CHAMOSO LAMAS

RIBADAVIA TERÁ ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN E CREATIVAS EN SEMANA SANTA.

CONCILIA NA PASCUA e OBRADOIROS CREATIVOS. 29, 30, 31 de marzo e 5 de abril.

Coa finalidade de facilitar a conciliación das ocupacións laborais e familiares o concello de Ribadavia oferta actividades de conciliación educativas e lúdicas durante as mañás non festivas de Pascua, e Obradoiros culturais creativos polas tardes.

HIPER MASIDE

O Concello programa estas actividades en colaboración con Centro de Ensinanza Bolboretas e Estudio Arte, ambas do municipio de Ribadavia.

O Concello de Ribadavia aprobou no seu Orzamento unha partida importante para desenvolver actividades de conciliación durante todo o ano. A primeira será nesta ponte de Pacua.

O Concello de Ribadavia ofertamos, por vez primeira, e en horario de mañá e tarde este tipo de actividades, que acostumaban a ser só de mañá.

Serán os días 29, 30, 31 de marzo e 5 de abril:

 Actividades de Conciliación para os máis cativos en horario de mañá, de 9:30 a 13:30 horas.

 Obradoiros Creativos polas tardes, a partir de 6 anos e sen límite máximo de idade. En horario de 16:00 a 19:00 horas.

Estas actividades foron programadas desde a Concellaría de Cultura, que dirixe a Tenente de Alcalde Paula Rodríguez, e foron presentadas ao público no Concello o pasado xoves xunto coa Alcaldesa Noelia Rodríguez e as representantes de Bolboretas e Estudio Arte.

PRAZO DE INSCRICIÓN: A PARTIR DO 23 DE MARZO. As inscricións deberán realizarse de maneira presencial en Centro de Ensinanza Bolboretas ou Estudio Arte.

CONCILIA NA PASCUA.

As actividades de conciliación serán de mañá, de 9:30 a 13:30 horas. No antigo CEIP Plurilingüe de Ribadavia (PICUXA).

Prezos: Censados: 15€. Non censados: 20€

OBRADOIROS CREATIVOS.

Actividades creativas ofertadas para as tardes non festivas, a partir de 6 anos de idade e sen límite máximo de idade. En horario de 16:00 a 19:00 horas, en quendas de 45 minutos. Realizaranse na Madalena, podendo ser na praza Buxán se o tempo o permite.

Prezos para cada obradoiro: Censados: 5€. Non censados: 10€.

Prezo para pack de 4 obradoiros: Censados: 15€. Non censados: 20€.

E se desexas inscribirte nas actividades de mañá e de tarde, conxuntamente:

Prezos: Censados: 20€. Non censados: 40€.