O Psdeg fai balance do primeiro ano do goberno bipartito: “Punxín merece un goberno mellor”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Para os socialistas, o primerio ano do Goberno Bipartito foi un novo ano perdido para Punxín. Para a voceira socialista, Lorena Peleteiro, “este ano foi outra oportunidade perdida para que Punxín avanzase, con un Goberno sen proxecto, incapaz de traballar por un Punxín de futuro”.

Sinalan as concelleiras socialistas que Punxín merece un Goberno mellor, con un proxecto de futuro, con ilusión, con iniciativa, con capacidade de xestión e “non un Goberno que o seu único proxecto sexa asfaltar dúas carreteras cada ano”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Peleteiro descata que levan un ano traballando, presentando iniciativas e propostas (máis de 50 neste primeiro ano), que algunhas se aproban pero logo non se executan; amosando a súa lealdade en momentos tan complicados como a crise que estamos a vivir, ante un Goberno que se amosou incapaz de traballar e resolver os problemas da veciñanza.

Para o Grupo Socialista trátase dun Goberno que comezou mentindo á veciñanza, que o 26 de maio apostara por un cambio que nunca chegou, un Goberno que continúa anclado no escurantismo e na falta de transparencia e un Goberno incapaz de traballar para que Punxín avance