Galicia incrementa os casos activos e os pacientes en coidados intensivos

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 148 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 2.354, cun leve ascenso. A presión asistencial mantense mais ou menos estable. Hoxe hai 30 (+4) persoas na UCI, e 167 (-14) ingresados nos hospitais.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistramos un repunte. Hoxe hai 12 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra sobe en 14 casos ata os 145 casos totais.. Os hospitais mantéñense estables, contando con 18 (-2) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 2 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES

PUBLICIDADE