A hostalería do Carballiño ve con preocupación a viabilidade dos seus negocios

A HOSTALERÍA VE CON PREOCUPACIÓN A VIABILIDADE DOS SEUS NEGOCIOS CUN PARÓN QUE SE PREVÉ MAIS LONGO QUE O DO RESTO DOS COMERCIOS

Bares e restaurantes foron os primeiros en baixar o peche e serán dos últimos en volver a actividade. Se ben e certo que hai restaruantes que continúan ofrecendo comida para levar, o número de encargas non se pode comparar cos servizos que daban antes de que comezara a crise sanitaria.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Xunta, ven de flexibilizar os servizos que poden ofrecer os restaurantes, engandindo, ao servizo a domicilio, a posibilidade de recoller a encarga no propio establecemento, iso sí, gardando as medidas de seguridade necesarias. Agardamos que esta medida axude aos hostaleiros a afloxar un pouco o afogo económico no que se atopan.

Outra das cuestións que inquietan aos hostaleiros é a baixada drástica de visitantes que teremos no verán. Non se agardan as grandes festas e actividades culturáis habituais e dende logo tampoco o turismo internacional e os emigrantes que volvían a súa terra de orixe en cada estación estival.

VIDEO