Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXXI) : “Rafael Melero Granja “

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Miguel Anxo Fernández Fernández: Escritor, crítico de cine , historiador e Doutor en Comunicación Audiovisual

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

41-TERRAS DO CARBALLIÑO E OS SEUS ESCRITORES. Rafael Melero Granja, Tomiño, Pontevedra, 1918-O Carballiño, Ourense, 1962).

[Comezo aclarando que a miña descuberta deste persoeiro non só foi tardía, senón cun certo grao de asombro, por canto a súa familia é ben coñecida na vila, ao contrario do escritor (ademais de pintor, debuxante e articulista), que pasou os últimos anos da súa vida no Carballiño e no seu cemiterio de Señorín, repousan os seus restos.

O seu neto Rafael Benito Melero Peña, coñecido por Rafael Melero como o seu avó (de profesión médico e cofrade maior da Veracruz, que desde hai anos promove os actos da Semana Santa) está a liderar a recuperación da memoria do poeta.

É coautor xunto ao seu pai (o tamén doutor Sinforiano Rafael Melero Peña), dunha interesante achega biográfica incluída no volume “Poesía inédita” (Rafael Melero, 2024, Instituto de Estudios Carballiñeses), que debera ser o primeiro paso ata rescatar algúns inéditos que a familia conserva, ademais de reeditar a súa obra publicada en vida].

O poeta fincou as súas raíces no Carballiño, cando en 1947 casou con Josefa Peña Nogueiras e tivo dous fillos. Desde aquel ano pasaba na vila longas temporadas tempo no que medraba a súa produción literaria, incluía a etapa final da súa convalecencia dun cancro.

Pasou a súa infancia en Pontevedra e viviu en Ourense. Tras ser mobilizado por mor da guerra civil, completou os seus estudos de profesorado mercantil e accedeu por oposición ao Banco de España, primeiramente na cidade do Lérez, e dende 1955 como secretario do Banco de España en Salamanca.

Ademais de poeta, pintaba a debuxaba con regularidade, e mesmo aportaba as cubertas para os seus libros. Ademais colaborou como articulista no compostelán La Noche, Diario de Pontevedra, a revista palentina de poesía e crítica Rocamador, a revista cultural abulense El Cobaya, a revista conquense El molino de papel. Pliegos de poesía, a colección antololóxica de poetas de lingua portuguesa e española Panorámica poética lusohispánica, ou a Revista de Poesía Americana Caballo de Fuego.

Publicou Tarde roja (1958), La voz en el tiempo (1959) -premio de poesía “Marina”-, Alba del viento (1959), Mundo inmediato (1960), Contrapunto en tres tiempos (1961), Furia de raíces (1963), a título póstumo.

Mantivo amizade, contacto e correspondencia con Dámaso Alonso, Vicente Aleixandre, Gabriel Celaya, Blas de Otero, Ramón de Garciasol, Vicente Risco, Trébolle Díaz, Aquilino Iglesia Alvariño e outros poetas e pintores da década dos 60.

Na citada achega, fillo e neto recollen que “el domingo 20 de octubre de 1962, moribundo y acompañado de su “amada Pepita”, fue trasladado en una ambulancia [desde Madrid] hasta su casa de Carballiño, sita en la Plaza Mayor, donde tras recibir el Sacramento de la extremaunción y pasadas unas pocas horas, fallece a la una del mediodía del día 21 de octubre de 1962”.

Segundo o seu neto, o propio Dámaso Alonso achegouse ao enterro e dedicoulle a Rafael o poema ADIÓS AL POETA RAFAEL MELERO ao que no subtítulo engádelle “(Muerto de cáncer a los 39 años)”, idade incorrecta e que pode consultarse da Rede.





Outros artigos de Miguel Anxo Fernández Fernández

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXX) : “Javier Fraiz “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXIX) : “Quico Valeiras “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXVIII) : “Moncho Iglesias Míguez”

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXVII) : “Raquel Piñeiro González “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXVI) : “José Manuel García Iglesias “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXV) : “Bautista Goyel Álvarez Domínguez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXIV) : “José Manuel Vázquez Senra”

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXIII) : “Serafín Portugal Soto”

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXII) : “Rafael Otero Janeiro”

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXXI) : “Modesto Hermida García”

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXX) : “Cesáreo Sánchez Iglesias”

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXX) : “Francisco Fumega Piñeiro”

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVIII) : “David Otero Fernández”

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVII) : “Carlos Montes Marqués “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXVI) : “Juan José Docampo Nóvoa “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXV) : “Carlos A. Rodríguez Calvo “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIV) : “Perfecto Sulleiro González “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXIII) : “Laura Novelle “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXII) : ” Mariña Arbor Aldea”

Terras do Carballiño e os seus escritores (XXI) : “María Caiña Hurtado “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XX) : “Julio Rodríguez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIX) : “Francisco Javier Limia Gardón “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVIII) : “Felipe Senén López Gómez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVII) : “Abelardo Santorum Alonso “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XVI) : “Xosé Lois Sobrado Pérez “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XV) : ” Jorge Emilio Bóveda “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIV) : “Lito Vila Baleato “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIII) : “Pablo Nogueira Campo “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XII) : “Ramón Caride Ogando “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XI) : “José Manuel Mouriño”

Terras do Carballiño e os seus escritores (X) : “Xosé Prada Martínez”

Terras do Carballiño e os seus escritores (IX) : “Manuel Chamoso Lamas”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VIII) : “Xosé Manoel Rodríguez”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VII) : “Ismael González Díaz”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VI) : “Víctor Campio Pereira”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( V) : “Ánxel Sevillano García “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( IV) : “Antón Losada Diéguez”

O Carballiño e os seus escritores ( III) : ” Benxamín Vázquez González “

O Carballiño e os seus escritores ( II) : ” Xosé Fariña Jamardo “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( I) : ” Aurelio Miras Azor “