Segundo o BNG, os Orzamento Xerais do Estado marxinan de novo ao Carballiño

Publicidade ASPADISI

O Grupo Municipal do BNG no Concello do Carballiño, denuncia que as contas aprobadas o pasado xoves, esquencen inversións moi necesarias para a vila e o resto da comarca

O pasado xoves o Congreso dos Deputados aprobaba inicialmente os Orzamento Xerais do Estado para o exercicio 2021. Unhas contas presentadas polo PSOE e por Unidas Podemos que discriminan claramente a Galiza ao reducir nun 11,2 % as inversións previstas non noso país.

HIPER MASIDE

Os Orzamentos Xerais do Estado continúan a ser insuficientes para as ourensás e ourensáns. O BNG presentou emendas para lograr unha mellora real e incrementar os investimentos nas comarcas ourensáns diante da crise sanitaria, económica e social.

Lembran  os  nacionalistas  que  a  modernización  da  vía  Ourense-Lugo  está  incluída grazas ao  acordo de investidura acadado polo BNG. Coa desculpa do AVE queren deixar de lado moitas necesidades, como un servizo de tren de proximidade ou cercanías ou a mellora das infraestuturas viarias.

A este respeito, o BNG presentou emendas referidas ao arranxo da estrada Nacional

541 co obxecto de mellorar a seguridade vial da mesma, solventar as de ficiencias de

tránsito  e  a  falla  de  seguridade  para  os  viandantes  e  cuia  afectación  incide directamente na nosa comarca, concretamente nos Concellos de O Carballiño e Boborás. Pois ben, dita emenda non foi tida en conta polo goberno central e non foi polo tanto incluída no proxecto de orzamentos.

Como tampouco outra das emendas propostas polo BNG do Carballiño e a cal tiña que ver igualmente coa mobilidade dos veciños da comarca, referida esta vez á mellora nas conexións ferroviarias con Ourense e Santiago.

Para fixar poboación no rural e para manter a vida e a actividade nas vilas é imprescindible ofrecerlle aos veciños as mellores opcións de mobilidade posibeis, por iso, desde o BNG se solicitaba a mellora e renovación dos trens da liña Ourense – Santiago e que tanto afectan ao noso concello e comarca. Pois ben, unha vez máis e sen ningún tipo de xustificación, tampouco foi tida en conta no proxecto de orzamentos.

Valoran  tamén  negativamente  os  nacionalistas,   que  o  Ministerio  de  Industria, Comercio e Turismo e o de Ciencia e Innovación non destinen absolutamente nada para O Carballiño. É sorprendente que coas graves carencias de conectividade que ten a comarca, tampouco haxa un só euro no Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.

Orzamentos que como vemos, non recollen ningunha das vellas reivindicacións xa non só do BNG do Carballiño senón do conxunto da veciñanza. Por este motivo entre outros moitos, o BNG xustifica o seu voto en contra a unhas contas que discriminan a Galiza no seu conxunto, e discriminan ao Carballiño en concreto.

Pese a todo, desde o BNG afirman que seguirán a traballar para tentan solventar estas e  outras  outras  moitas  carencias  existentes  a  día  de  hoxe  na  vila  e  no  resto  da comarca.