A Xunta entrega a metade do presuposto do Segundo Plan de Axudas derivadas da covid-19

A Xunta mantén o seu compromiso de apoio ós sectores máis afectados pola pandemia a través do Segundo Plan de Rescate económico para autónomos e microempresas, hostalaría e outras actividades.

Publicidade

O goberno galego recibiu máis de 41.000 solicitudes na segunda convocatoria, das que xa se abonaron preto de 40 millóns de euros. O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda; o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana, mantiveron un novo encontro cos representantes destes sectores.  

Alfonso Rueda destacou que se trata de “axudas directas moi necesarias que é fundamental abonar ca máxima axilidade”.

Ademais, a xunta reclama ó Estado axilidade para poñer en marcha o Terceiro Plan, que depende dos fondos do Estado e do que asegura Alfonso Rueda que aínda non se sabe cando se enviará ás comunidades nin cales serán as bases de repartición.