Hoxe volve a feira do Carballiño pero coas mesmas restricións que a primeira que houbo dende o comezo da desescalada

Así no lo confirmaba hoxe a concelleira de Servizos Públicos Rosa Fuentes, que prefiren manter as precaucións e cautelas e non ampliar o número de postos o que suporía unhas maiores aglomeracións de visitantes á feira. Únicamente haberá postos de produtos agroalimentarios, como a feira de hai 15 días, agás un par de postos de artesanía.

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES

A vindeira feira, a de xuño, seguramente xa sí que inclúa postos de outro tipo de mercancía. Dende a concellería estase a valorar os posibles cambios de ubicación, particularmente dos postos de textil para ampliar o espazo entre eles e distanciar así aos clientes.