Noa Presas reuniuse coas asociacións xuvenís no Carballiño para interesarse polas necesidades de transporte

A cabeza de lista por Ourense do BNG quixo tamén hoxe apoiar o gran labor que desenvolven os colectivos sociais como as asociacións xuvenís que reivindican un transporte digno e logo de reunirse con membros de XUCA e ASESGAL fixo público o seu compromiso de que, se a partir do 12 de xullo as decisións en Galicia dependen do BNG, se cree unha rede de trens e autobuses de proximidade na nosa comunidade.

Jaime Godás, o presidente de ASESGAL volvía a solicitar unha mellor rede de transporte público para que a nosa vila sexa mais dinámica.

AVANTAR ACTIVIDADES

Pola súa banda, o presidente de XUCA, Ramiro Bello, criticaba que as autoridades se escudasen no parón da pandemia para manter parado o progreso do Carballiño.