O BNG CRITICA O COMUNICADO DO CONCELLO SOBRE A FESTA DO PULPO POR SER UN TITULAR DE PRENSA VALEIRO DE CONTIDO
Consideran que é unha decisión improvisada e que non ten en conta as dificultades organizativas que conlevará unha festa deste calibre. Que é pronto para anunciar unha festa que ainda non ten os protocolos de seguridade nin as actividades pechadas. Este anuncio poderá xerar falsas expectativas nun sector moi golpeado pola pandemia como é a hostalería que necesita de seguridade para seguir avanzando económicamente.
VIDEO
O BNG exisirá ao concello información detallada de todas as medidas sanitarias e de seguridade que se vaian a tomar nesta e noutras actividades que se fagan durante o verán.