A Asociación Contra o Cancro informa da súa actividade no Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Asociación Española Contra o Cancro prosegue ca súa loita de concienciación. Estiveron no Carballiño, para achegar información á veciñanza, baixo o lema “O Carballiño saca peito contra o cancro”. A finalidade da súa visita foi informar sobre a asociación. Tamén estiveron recaudando fondos con huchas para a investigación e a prevención, e vendendo pulseiras solidarias e tamén lotería, que ademais estará dispoñible en diferentes puntos de venta do Carballiño.

O equipo que estivo aquí é a primeira vez que traballa no Carballiño, e chegaron para quedarse, buscando ademais conseguir máis persoas voluntarias que colaboren ca súa causa.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Entre as actividades que estudan realizar nun futuro contémplanse andainas ou encontros entre persoas que pasaron por un cancro, entre outras.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------