Noa Presas comprometese cunha lei galega de memoria histórica de recoñecemento e reparación

  • A formación nacionalista propón eliminar toda a simboloxía franquista na provincia de Ourense e adaptar o marco legal galego ao mandatos das Nacións Unidas
  • O BNG conmemora a figura de Alexandre Bóveda: figura esencial nos avances cara o autogoberno galego

AUDIO

A cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, quere impulsar unha lei de memoria histórica democrática e de recoñecemento e reparación das persoas e colectivos represaliados polo franquismo. Co gallo do aniversario do nacemento de Alexandre Bóveda, Presas destacou que para o BNG é fundamental unha resposta institucional que poña freo aos retrocesos aos que quere levar o avance da extrema dereita e comprometeuse a eliminar, de maneira definitiva, a simboloxía franquista de Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES

Na semana en que se cumpren 117 anos do nacemento de Alexandre Bóveda, asasinado en agosto de 1936 polo bando franquista durante a Guerra Civil, o BNG quixo reiterar o seu compromiso coa memoria histórica e con “esta figura esencial sen a que non sería posíbel o Estatuto de 1936 nin grandes avances no autogoberno galego”.

A candidata da formación nacionalista por Ourense lembrou que en decembro de 2006 se aprobou no Parlamento de Galiza, impulsado polo BNG, institucionalizar o Día da Galiza Mártir o 17 de agosto e o Partido Popular, nestes 11 anos de goberno na Xunta, non impulsou a reparación desta figura nin a súa adecuada divulgación. Presas asegurou que a súa formación corrixirá esta situación a partir do 12X impulsando medidas no eido da recuperación da memoria histórica galega.

Presas sinalou que é tempo de cristalizar avances na memoria histórica e democrática do noso país, “desde o BNG comprometémonos a impulsar unha verdadeira lei de memoria histórica, democrática e de recoñecemento e reparación das persoas e colectivos represaliados polo franquismo”. Asemade, cualificou como prioritario a necesidade de adaptar o noso marco legal “se adapte aos mandatos das Nacións Unidas, as exixencias de verdade-xustiza-reparación, e que permita encarar o desmantelamento de todo o aparello xurídico, institucional e simbólico de matriz franquista”.

Por outra banda, a candidata do BNG sinalou que entre as prioridades do BNG nesta materia é a eliminación definitiva da simboloxía franquista “tanto material como simbólica: nomes de espazos públicos e edificios, símbolos, honores e distincións…” A candidata exemplificou algúns dos restos que existen en Ourense coma os vestixios no Polvorín ou Covadonga, así como a Praza da Lexión na Carballeira –que foi obxecto de controversia no pleno do Concello da cidade- ou o edificio.